Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lourenzá (expediente IN407A 2016/95-2, 8404 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: soterramento da LMT DC Pontenova/Lourenzá.

Situación: concello de Lourenzá.

Características técnicas:

1. LMT aérea a 20 kV DC Pontenova/Lourenzá con orixe nun apoio C proxectado tipo C-9000/20 e final no apoio D existente, cunha lonxitude proxectada de 264 metros en condutor tipo LA-110.

2. LMT a 20 kV Pontenova-dirección CT Soutelo, na cal se instala un apoio tipo C-4500/16.

3. LMT a 20 kV Pontenova-dirección CT Muebles Gama, na cal se instala un apoio tipo C-2000/16.

4. LMT soterrada Pontenova-dirección CT Muebles Gama, con orixe no CT Hermida 1 (2423) e final no apoio A proxectado tipo C-2000/16, cunha lonxitude de 140 metros en condutor RHZ1-150.

5. LMT soterrada Lourenzá-dirección CT Soutelo, con orixe no CT Hermida 1 (2423) e final no apoio B proxectado tipo C-4500/16, cunha lonxitude de 300 metros en condutor RHZ1-150.

6. LMT soterrada DC Pontenova/Lourenzá, con orixe no apoio C proxectado tipo C-9000/20 e final no CT Hermida 1 (2423), cunha lonxitude de 423 metros en condutor RHZ1-240.

7. CT non prefabricado Hermida 1 (2423), no cal se amplía a canle de celas de MT e se instalan dúas celas de liña e unha cela de remonte de barras e modifícase a posición do transformador.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 17 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo