Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 16 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02510-O-2016 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador XC-02510-O-2016 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se lles facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentaren recurso de alzada e non pagaren a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 16 de marzo de 2017

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02510-O-2016

7363GHN

Mariscos Benavides, S.L.

B36234243

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

14.6.2016; 21.17; AC550; 0067,500

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02512-O-2016

7363GHN

Mariscos Benavides, S.L.

B36234243

Diminución do descanso diario reducido en máis dunha (1) hora (sobre 9 horas).

Atenuante. Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

14.6.2016; 21.13; AC550; 0067,500

Art. 142.19 LOTT Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02779-O-2016

3694-HBF

Prado Iglesias, José Antonio de

09785946K

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

1.8.2016; 16.38; A 54; 91,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02780-O-2016

3694-HBF

Prado Iglesias, José Antonio de

09785946K

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

1.8.2016; 16.38; A 54; 91,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros