Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizo de coordinación cultural do complexo da illa de San Simón, no concello de Redondela (Pontevedra), dependente desta consellería (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: coordinación cultural do complexo da illa de San Simón, no concello de Redondela (Pontevedra), dependente desta consellería.

c) Prazo de execución: máximo de doce (12) meses.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79950000-8, 92000000-1.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 24.561,98 €.

IVE (21 %): 5.158,02 €.

Importe total: 29.720,00 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2017: 11.145,00 €.

2018: 18.575,00 €.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=142615

Información de índole administrativa: 981 54 48 71.

Información de índole técnica: 981 54 72 30.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia; Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que serán anunciadas no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do Diario Oficial de Galicia por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria