Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017048AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data 21 de febreiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017048AL-CO incoado a Cervecería As Cancelas, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Cervecería As Cancelas, S.L., o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 16 de marzo de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2017048AL-CO.

Interesada: Cervecería As Cancelas, S.L. (Cervecería Internacional).

DNI/NIF/CIF: B70351176.

Derradeiro enderezo coñecido: Montero Ríos, 38, 15706 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.