Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (37/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 37/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Loureiro Varela contra Meifus Machinery, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto de desistencia, cuxa parte dispositiva di:

Ter por desistido a Alberto Loureiro Varela da súa demanda fronte a Meifus Machinery, S.L.U. en materia de reclamación de cantidade.

– Deixar sen efecto a sinalización do 18 de xaneiro de 2017 ás 10.45 horas.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Así o acorda manda e asina a maxistrada xuíza deste xulgado, Piar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alberto Loureiro Varela, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza