Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 111/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 111/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Barros Santos contra Viajes Silgar, S.A., Juan Ramiro Agra Requeijo, Enrique Martínez Núñez, o Fondo de Garantía Salarial, Residencia de Mayores 2013, S.L., Estilo y Moda Dos Andando, S.L., Nurtime, S.L.U., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é a que segue:

«Que, estimando a demanda de Cristina Barros Santos fronte a Viajes Silgar, S.A., Nurtime S.L.U., Residencia de Mayores 2013, S.L., Estilo y Moda Dos Andando, S.L. e fronte a Enrique Martínez Núñez, condeno os demandados a que de forma solidaria aboen á demandante a cantidade de reclamación de cantidade presentada por aboar á demandante a cantidade de 2.974,01 euros, co xuro moratorio do 10 %, sobre os importes de natureza salarial.

Con intervención da administración concursal de Residencia de Mayores 2013 e do Fogasa.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estilo y Moda Dos Andando, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza