Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 22 de febreiro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora do parque de cultivos mariños titularidade de Marina Mayán Rubio, sito no lugar de Coiteliños, entre punta Sebeira e praia de Sertaxes, concello de Rianxo, A Coruña.

A) Antecedentes.

1. Por Orde do Ministerio de Comercio nº 7/75 do 23 de xaneiro do 1975 (BOE nº 42, do 18 de febreiro) autorízase a José R. Mayán Rey a transformación dun depósito regulador do que é titular por OM do 30 de novembro de 1956 (BOE 5/57), nun parque de cultivo de ameixas na zona marítimo-terrestre da ría de Arousa, lugar de Coiteliños, entre punta Sebeira e praia de Sertaxes, de 800 m2.

2. Por Orde do 13 de xuño de 2012 a Consellería do Medio Rural e do Mar autoriza a transmisión mortis causa do parque a favor de Marina Mayán Rubio (DNI 33258978N) e prorroga a súa vixencia ata o día 29.7.2018.

3. O día 14.2.2017 Lara Ozores Mayán (53489107P) presenta a solicitude de autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora do parque.

B) Consideracións legais e técnicas.

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015 do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

2. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

3. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas.

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Lara Ozores Mayán (53489107P), como descendente de Marina Mayán Rubio (DNI 33258978N), do parque de cultivos mariños:

Tipo: parque de cultivo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Localización: lugar de Coiteliños, entre punta Sebeira e praia de Sertaxes, Concello de Rianxo, A Coruña.

Titulo habilitante: concesión.

Data de outorgamento: Orde ministerial do 30.11.1956 (BOE nº 5, do 2 de xaneiro de 1957) e Orde Ministerial 7/1975, do 23 de xaneiro (BOE nº 423, do 18 de febreiro).

Superficie de dominio público: 800 m2.

Remate da vixencia: 29.7.2018.

Actual titular: Marina Mayán Rubio (DNI 33258978N).

Nova titular: Lara Ozores Mayán (53489107P).

A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior e deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia do documento notarial da transmisión, e a solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de febreiro do 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña