Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 2 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2017/012-1).

Expediente: IN407A 2017/012-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT SMC-722 Residencial Lamastelle.

Concello: Oleiros.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión aérea SMC-722 (entre apoios nº 41-3 e nº 41-4), a 15 kV, cunha lonxitude de 105 m, con orixe no apoio nº 41-3 proxectado que substitúe o existente da LMT SMC-722 (expediente 31.901), no tramo da derivación ao CT A Ferrala (expediente 91/09), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio nº 41-4 existente da LMT SMC-722 (expediente 31.901), no tramo da derivación ao CT A Ferrala (expediente 91/09).

Tramo liña de media tensión aérea subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 271 m, con orixe no paso de aéreo a subterráneo proxectado que se realizará no apoio nº 41 existente da LMT SMC-722 (expediente 31.901), onde se realiza a derivación ao CT A Ferrala (expediente 91/09), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 KV 1×240 mm2 AI, e final no paso subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 41-3 proxectado que substitúe o existente da LMT SMC-722 (expediente 31.901), no tramo da derivación ao CT A Ferrala (expediente 91/09).

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña