Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16644

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de marzo de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado San Narciso, de Marín (Pontevedra).

O titular do centro privado San Narciso, de Marín, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) de Animación de Actividades Físicas e Deportivas no dito centro educativo.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas no centro privado que a continuación se detalla:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: San Narciso.

Código: 36004526.

Enderezo: Chan do Monte, nº 27.

Localidade: Marín.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Omnia Innovación e Gestión Educativa, S.L.

Composición resultante:

Educación infantil: 6 unidades.

Educación primaria: 18 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias da Natureza e da Saúde, e Humanidades e Ciencias Sociais.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria