Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16646

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de marzo de 2017 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria de Ponteceso, no concello de Ponteceso.

De conformidade co previsto nos artigos 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Ponteceso.

Código: 15026406.

Denominación actual: Instituto de Educación Secundaria de Ponteceso.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Eduardo Pondal.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria