Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016065AL-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 3 de febreiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 2016065AL-OU incoado á entidade Pan do Dado, S.L. con CIF B32382897, como responsable do establecemento Despacho de pan Avenida, sito na avenida de Zamora, nº 150 de Ourense.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase á entidade Pan do Dado, S.L. con CIF B32382897, como responsable do establecemento Despacho de pan Avenida, o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen o artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da notificación, podendo realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 16 de marzo de 2017

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2016065AL-OU.

Interesada: Pan do Dado, S.L., como titular do establecemento Despacho de pan Avenida.

DNI/NIF/CIF: B32382897.

Derradeiro enderezo coñecido: avenida de Zamora, 150, Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/04 e Lei 17/2011.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: mil novecentos euros (1.900,00 €).