Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017097AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 25 de febreiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017097AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Hermanos Pasarón, C.B., con CIF E94126281, como titular do establecemento Almacería de las Indias.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, se notifica a Hermanos Pasarón, C.B., con CIF E94126281, como titular do establecemento Almacería de las Indias, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada a súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 16 de marzo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017097AL-PO

Denunciado: Hermanos Pasarón, C.B., con CIF E94126281, como titular do establecemento Almacería de las Indias.

Último enderezo coñecido: rúa Santiña núm. 35B, 36005 Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Artigo 3, Obrigacións xerais dos operadores de empresa alimentaria.

Artigo 5, Sistema de análise de perigos e puntos de control crítico.

Anexo II: capítulo I puntos 1, 2, 4, 9 e 10; capítulo II punto 1 a), b), c), f); capítulo V punto 1; capítulo IX puntos 2, 3 e 4; capítulo XII.

– Artigo 5.1.b) do Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa).

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 51.2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).