Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0786/2016-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0786/2016-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 22 de marzo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0786/2016-PPM.

Persoa interesada: José Santiago Caamaño Beiro.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Axesta, 85, Serres, Muros.

Expediente: PSC-CO-0896/2016-PPM.

Persoa interesada: Francisco Manuel Tarrío Rodríguez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Vista Alegre, 270, Escarabote, Boiro.