Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, por el que se notifica la resolución do expediente PSC-CO-0864/2016-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0864/2016-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 22 de marzo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0864/2016-PPM.

Persoa interesada: Gheorghe Catalin Puiac.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Principal, 133, 1º A, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0873/2016-PPM.

Persoa interesada: José René Rodríguez Pérez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Peralto, 49, 2º C, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0874/2016-PPM.

Persoa interesada: Juan Manuel Pérez García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Fontenova, 97, Escarabote, Boiro.