Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16449

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Advertidos erros na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 1 de febreiro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo III (Zonas de concentración parcelaria en que se admiten referencias identificativas correspondentes a planos de concentración), na páxina 4644 onde di: «... Concello Ordes; Código zona 5; Nome da zona Parada II», debe dicir: «... Concello Ordes, Código zona 6, Nome da zona Parada II».

Na páxina 4645 onde di: «... Concello Cospeito, Código zona 1, Nome da zona Goá», suprímese.

Na páxina 4645 onde di: «... Concello Mondoñedo, Código zona 1, Nome da zona Sasdónigas», debe dicir: «...Concello Mondoñedo, Código zona 2, Nome da zona Sasdónigas».

No anexo X (Informe e ficheiro informático que teñen que remitir as entidades de aconsellamento), na páxina 4672, na epígrafe Datos que conterá o ficheiro informático cos solicitantes que indican na súa solicitude única cada entidade de aconsellamento, na letra A) Identificación da entidade de aconsellamento; engádense os seguintes puntos:

«4. Nome e apelidos do técnico responsable da explotación.

5. NIF do técnico».