Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1027/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1027/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ainhoa Belén Gómez Barjacoba e María Cristina Nogueira Rilo contra Lost in Lost Out, S.L.U. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza: 134/2017.

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1027/2014.

Demandantes:

Ainhoa Belén Gómez Barjacoba.

María Cristina Nogueira Rilo.

Letrada: Sra. Briones Amor.

Demandada: Lost in Lost Out, S.L.

Letrado:

Fogasa.

«Sentenza:

A Coruña, 3 de marzo de 2017.

Resolvo:

1. Estimo a demanda formulada por María Cristina Nogueira Rilo e Ainhoa Belén Gómez Barjacoba contra Lost in Lost Out, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlles a cada unha delas a suma de 690,05 euros en concepto de liquidación de vacacións do ano 2014.

2. O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Lost in Lost Out, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza