Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16463

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (844/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 844/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Río Ínsua, Juan José Castro Cambón e José Manuel Cancela Leis contra Ifecgas Pereira, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Na Coruña o 7 de marzo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 844/2014, seguidos perante este xulgado por instancia de José Río Ínsua e José Manuel Cancela Leis, que non comparecen, e Juan José Castro Cambón, asistido do letrado José Nogueira Esmorís, contra Ifecgas Pereira, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo:

Que se teñen por desistidos José Río Ínsua e José Manuel Cancela Leis da demanda dirixida contra Ifecgas Pereira, S.L.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Juan José Castro Cambón e condeno a Ifecgas Pereira, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 3.333,22 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito, perante este xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ifecgas Pereira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza