Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017012AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 13 de xaneiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017012AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra La Cantina del Berbés, S.L., con CIF B27775626, titular do Restaurante Club Náutico Panxón.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a La Cantina del Berbés, S.L., con CIF B27775626, titular do Restaurante Club Náutico Panxón, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 10 de marzo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017012AL-PO.

Denunciada: La Cantina del Berbés, S.L, con CIF B27775626, titular do Restaurante Club Náutico Panxón.

Último enderezo coñecido: praza José Mogimes, núm. 1, de Nigrán.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Regulamento (CE) núm. 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

Artigo 5. Sistema de análises de perigos e puntos de control crítico. Os operadores de empresa alimentaria deberán crear, aplicar e manter procedementos permanentes baseados nos principios do APPCC [...].

Anexo II: capítulo II puntos 1 e 2.d); capítulo II punto 1.d) e capítulo XII.

– Regulamento 1169/2011, do 25 de outubro, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor: artigo 9 puntos 1.c) e 2.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: catrocentos euros (400 €).