Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2017 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 42/2017.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramítase o procedemento abreviado 42/2017 interposto por Rafael Vallejo Pousada e outros contra o Acordo do Consello de Goberno da Universidade de Vigo, do 16 de decembro de 2016, en que se aproban o procedemento e os criterios de selección de áreas de coñecemento para participar na convocatoria de prazas de promoción interna a catedrático/a de universidade para o ano 2016, e contra a Resolución da Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, do 12 de xaneiro de 2017, polo que se desestima a solicitude de execución do Acordo do Consello de Goberno, do 21 de febreiro de 2013, sobre procedemento de promoción ao corpo de catedrático/a de universidade.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de marzo de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo