Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de información pública da modificación puntual número 9 das normas subsidiarias municipais.

O Pleno do Concello de Cambados, en sesión ordinaria do 26 de xaneiro de 2017, aprobou inicialmente e por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación a modificación puntual nº 9 das normas subsidiarias municipais do Concello de Cambados, con base no documento elaborado polo arquitecto Antonio Espinosa Murias, do 11 de xaneiro de 2017, e proceden á suspensión das licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición en solo clasificado como de núcleo rural, polo prazo de dous anos contados desde a aprobación inicial, ou á extinción, en calquera caso, coa aprobación definitiva, cando as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

O que se somete, de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á información pública durante dous meses contados desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente pódese consultar no Departamento de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, o expediente está á disposición no seguinte enderezo web: www.cambados.gal.

Cambados, 10 de febreiro de 2017

Fátima Abal Roma
Alcaldesa