Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da adquisición de reactivos para análises fisicoquímicas e microbiolóxicas no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente MS-CON1-17-004).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do décimo día natural anterior a data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-CON1-17-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de reactivos para análises fisicoquímicas e microbiolóxicas no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/11.

d) Prazo de execución/entrega. Lotes 1 ao 9: duración de 24 meses contados desde a súa formalización. Lote 10: duración de 12 meses contados desde a súa formalización. Lote 11: duración de 24 meses contados desde o día 1 de xaneiro de 2018.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 24000000-4, 33696300-8, 33696500-0 e 38437110-1.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Concepto

Puntuación

Oferta económica

0-90

Prazo de entrega

0-10

4. Valor estimado do contrato: 1.103.146,44 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 367.715,48 euros. Importe total: 444.935,78 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do orzamento da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver os números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 25 de abril de 2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da primeira finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16.3.2017.

12. Outras informacións: ver o número 28 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos