Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16227

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2017, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas da realización do cuarto exercicio, por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.4. da convocatoria, e dar por rematada a fase de oposición.

Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017

Francisco Tomás Couso González
Presidente do tribunal