Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa de servizos para a implantación dun sistema de xestión de seguridade da información, un servizo de correlación de eventos, un servizo de alerta temperá, a realización dunha auditoría de seguridade e a adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación desta contratación administrativa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 82, do 13 de marzo de 2017 e na páxina www.parlamentodegalicia.gal).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Telefax: 981 55 14 00.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: STI-PA-2/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: implantación dun sistema de xestión de seguridade da información, un servizo de correlación de eventos, un servizo de alerta temperá, a realización dunha auditoría de seguridade e a adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade para a Administración do Parlamento de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución: 1 ano desde a implantación do sistema.

f) Admisión de prórroga: ata un máximo doutro ano máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5 Servizos TI: consultoría, desenvolvemento de software, internet e apoio.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas (54 puntos): prezo (40 puntos) e melloras: periodicidade das auditorías técnicas (4 puntos), tempo máximo de entrega de informes de incidentes de seguridade (4 puntos), tempo máximo de resolución de incidencias (3 puntos), tempo máximo de sensibilización a usuarios (3 puntos).

Criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor (46 puntos). Valor técnico da oferta: servizo de correlación de eventos de seguridade (12 puntos), novos procedementos (8 puntos), auditoría de seguridade (8 puntos), sensibilización e formación (8 puntos), auditorías técnicas periódicas (6 puntos), plan de transición e devolución do servizo (4 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 147.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 95.000,00 €; importe total: 114.950,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía por importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose inhábil, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Lugar de presentación:

1º. Rexistro do Parlamento de Galicia.

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: sesión pública para a apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e na hora que oportunamente se comunicará aos licitadores e se publicará na páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas (publicados no BOPG número 82, do 13 de marzo de 2017, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia