Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 20 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, de notificación no procedemento de responsabilidade patrimonial RP/SCV/APM/3/17.

No procedemento de responsabilidade patrimonial deducido ante o Servizo Galego de Saúde que a seguir se sinala non foi posible efectuar a notificación individual do trámite de audiencia, prevista nos artigos 42.2 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Polo que, de conformidade co disposto no artigo 44 da mesma lei, procédese a publicación do citado trámite no seguinte procedemento de responsabilidade patrimonial:

Nº de expediente

Interesado

RP/SCV/APM/3/17 (1er T)

Francisco Lojo Negreira

O interesado sinalado dispón dun prazo de dez días, desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, para tomar razón do expediente, que lle será posto de manifesto, se así o solicita, para formular alegacións e presentar os documentos e xustificantes que considere pertinentes, todo iso de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela