Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16122

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación da promoción turística do destino Vigo e Rías Baixas.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Turismo. Nº expediente: 6628-104.

2. Obxecto do contrato: a promoción turística da cidade de Vigo e das Rías Baixas en mercados turísticos vinculados á área mediterránea peninsular e insular, co obxectivo de atraer turistas procedentes destes mercados, a través do establecemento de conectitividade aérea directa desde Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza coa cidade de Vigo e o desenvolvemento de accións de promoción turística.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 32 meses. En calquera caso, o contrato finalizará o día 31 de decembro de 2019. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 608.264,46 euros. IVE para soportar pola Administración: 127.735,54 euros. Orzamento total: 736.000 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación de cada lote do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración da cifra global de negocio no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto do contrato expresada en anualidades e referida, como máximo, aos tres últimos exercicios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos tres exercicios teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación das ofertas. Prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, número 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 29 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación