Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16121

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pazos de Borbén

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de dotacións (equipamento asistencial).

Aprobado inicialmente o Plan especial de dotacións: equipamento asistencial (Aspavi) que afecta o ámbito próximo ao núcleo rural da parroquia de Pazos, no lugar denominado Monte Pedreira, entre as estradas EP-2701 (Pazos-A Ermida) da Deputación de Pontevedra e a PO-250 da Xunta de Galicia, cunha superficie de 8.144 m2, dos cales 4.025 m2 están clasificados como solo rústico forestal e de protección de infraestruturas, presentado polo promotor Asociación de padres de personas con discapacidad intelectual de Vigo (Aspavi) e redactado polo arquitecto Carlos Rico Caramés, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos.

Pazos de Borbén, 9 de marzo de 2017

Andrés Iglesias Rodríguez
Alcalde