Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16027

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2784/2016).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2784/2016 desta sección, seguido por instancia de UTE Cerdedelo-Prado II contra o Fogasa, Transportes Arias, S.A., Borja González Rodríguez, admón. concursal de Transportes Arias (Pablo Fernández Rodríguez), sobre reclamación de cantidade, ditouse na data de hoxe a seguinte resolución:

Na Coruña o 14 de marzo de 2017.

O anterior escrito subscrito polo letrado Javier Egocheaga Laiz, en representación de UTE Cercedelo-Prado-II, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte, de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Transportes Arias, S.A. por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Conforme o solicitado, expídanse testemuños con nota de firmeza, das sentenzas alegadas de contraste, ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no RSU 4795/11 e no RSU 1481/14, os días 13.2.2014 e 8.7.2014, respectivamente, que quedarán unidas á peza do recurso

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Ourense que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

E para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Transportes Arias, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza