Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación da xestión do servizo público da estación de autobuses de Carballo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 981 54 43 66.

6º. Correo Electrónico: contratacion.civ@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 142604

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 7/2017M.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión servizo público.

b) Descrición: xestión servizo público da Estación de Autobuses de Carballo en modalidade concesional.

c) Prazo de execución: cinco anos de acordo co establecido no punto F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: si.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 63712100-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 2.9.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 606.777,40 €.

5. Orzamento base de licitación: a explotación farase a risco e ventura da entidade concesionaria, quen asumirá os riscos económicos derivados dela. Polo tanto o contrato non orixina ningunha obriga económica para a Administración.

a) Garantías exixidas: definitiva: 15.169,44 euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto J do seu cadro de características.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no punto 2.7. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes ou melloras: os licitadores incluirán nas súas ofertas as inversións en dotación ou renovación de equipamento, así como en obras complementarias ou de mellora, que consideren oportunas para unha adecuada prestación do servizo. Estas non suporán repercusión económica ningunha para a Xunta de Galicia e serán baremables segundo o apartado L Criterios de adxudicación do PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

9. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 4.2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda