Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a notificación persoal aos interesados (expediente OU-2016/00103).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 35/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas que se mencionan no anexo que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 9 de marzo de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesados

DNI/Equivalente

OU-2016/00103

Víctor Félix Palma Amparo

49709776Z

OU-2016/00103

Yumelis Altagracia Durán Rodríguez

SG3362600