Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16023

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública AC-02/2016, do 16 de decembro, para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Sección de Medicina Interna-Agudos.

Convocada por Resolución AC-02/2016, do 16 de decembro (DOG nº 10, do 16 de xaneiro), a provisión dun posto de xefe/a da Sección de Medicina Interna-Agudos, polo sistema de avaliación colexiada, a Xerencia de Xestión Integrada, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; polo Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Ferrol; pola Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Medicina Interna-Agudos, realizada mediante Resolución AC-02/2016, do 16 de decembro (DOG nº 10, do 16 de xaneiro).

Segundo. Declarar deserta a convocatoria AC-02/2016, do 16 de decembro, para a provisión dun posto de xefe/a da Sección de Medicina Interna-Agudos, por non concorrer ningún/ningunha aspirante á dita convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base décimo primeira da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 9 de marzo de 2017

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: xefe/a da Sección de Medicina Interna-Agudos.

Nombre e apellidos: deserta.