Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15940

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello de Portas para as facultades de xestión das altas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria do 24 de febreiro de 2017, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Portas, por acordo do Pleno na sesión do 23 de decembro de 2016, para as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (altas IVTM).

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Faise público este acordo para xeral coñecemento

Pontevedra, 7 de marzo de 2017

María del Carmen Silva Rego
Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Sonia Mateos Escudero
Secretaria accidental da Deputación Provincial de Pontevedra