Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15498

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas, relativa ao expediente de contratación do servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo cofinanciado nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 14-20.

De conformidade cos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a valoración das ofertas técnicas presentadas no expediente de contratación do servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo cofinanciado nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 14-20 (sobre B) e a dirección dos estudos correspondentes a dito servizo, que ten as seguintes características:

– Actividade á que se refire: a Axencia Galega de Infraestruturas realizará os traballos que a continuación se sinalan.

Emisión dos informes técnicos de valoración das ofertas presentadas na licitación do servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo cofinanciado nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 14-20 (sobre B).

Dirección técnica dos estudos que se realicen pola empresa adxudicataria do servizo asumindo a función de responsable do contrato.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura, que tivo lugar o 1 de marzo de 2017, ata o 30 de decembro de 2017.

– Supostos nos que proceda a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda