Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes do Xurado de Expropiación de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 981 54 43 66.

6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=135866

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 4/2017SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes do Xurado de Expropiación de Galicia.

c) Prazo de execución: doce (12) meses de acordo co establecido na letra F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: si.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 72310000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 186.824,00 €.

5. Presuposto base de licitación.

a) Importe neto: 77.200,00 €. Importe total: 93.412,00 €.

b) Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, IVE excluído: 3.860,00 €.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra J do seu cadro de características.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

9. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda