Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15238

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 17 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2017.

BDNS (identif.): 338440.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017.

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia.

Beneficiarias: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Beneficiarias: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia.

Beneficiarias: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.

Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.

Beneficiarias: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderanse acoller a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas.

Segundo. Finalidade

Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2017.

Cuarto. Importe

O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 435.000 euros, dos cales 335.000 euros se reservan para as modalidades A1, A2 e A3, salvo que non existan suficientes solicitudes nesas modalidades, caso en que o importe non adxudicado se poderá adxudicar na A4, da partida orzamentaria 2017.10.A1.432.B.470.0, da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2017.

Quinto. Prazo para presentar as solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de agosto de 2017.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais