Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de marzo de 2017 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente COR/119/2013-A2).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13 de febrero de 2017, resolución pola cal se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/119/2013-RP1 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 15 de abril de 2015, na cal se ordena a demolición dunha construción de 40 m2, auxiliar dunha edificación residencial, realizadas sen autorización autonómica, no lugar do Tuíño (Vigo), no concello de Cambre, por resultar incompatible co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Javier Beiras Otero e Irene Mendes Silva, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística