Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15281

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 14 de marzo de 2017 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo, anunciados pola Orde do 9 de xaneiro de 2017.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 9 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública e designar as funcionarias cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar os postos que tamén se especifican.

Segundo. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveran praza, producirase de acordo co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, segundo o Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o artigo 14.4 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e do disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo da toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ás persoas interesadas.

Nos supostos de baixa por incapacidade temporal iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro no que cause baixa a funcionaria, así como daquel en que obteña praza, consignará dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Código do posto: MA.O11.00.000.15770.001.

Nome e apelidos: Milagros Loureiro Bragaña.

NRP: 7686672813 A2059.

Subgrupo: C2.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: secretaria director xeral.

Nivel: 18.

Complemento específico: 5.581,80.

Localidade: Santiago de Compostela.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 641 (para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego-R.I.).

Código do posto: MA.O11.00.000.15770.002.

Nome e apelidos: María Jesús Salvado López.

NRP: 3329440913 A2059.

Subgrupo: C2.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: secretaria director xeral.

Nivel: 18.

Complemento específico: 5.581,80.

Localidade: Santiago de Compostela.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 641 (para persoal doutra Administración, curso de iniciación de Galego-R.I.).

Observacións: xornada especial.