Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 10 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00003-O-2017 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense acordou a incoación dos expedientes sancionadores número OU-00003-O-2017 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 10 de marzo de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00003-O-2017

9284-DJY

Francisco José Hernández Lucas

22964359D

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

27.10.2016; 9.35; A-52, 202

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

OU-00065-O-2017

7951-CTJ

Gerardo Dacruz Doniz, S.L.

B32463390

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece del CAP.

17.11.2016; 16.45; OU-0514; 1,0

Artigo 140.18 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

2.001 €

OU-01654-O-2016

3716-JSV

Logística Euroveiga, S.L.U.

B32408916

Diminución do descanso semanal reducido en máis de 4 horas. Menos de 16 horas.

19.10.2016; 16.11; N-532; 3,2

Artigo 140.37.6 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

2.000 €

OU-01655-O-2016

3716-JSV

Logística Euroveiga, S.L.U.

B32408916

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

19.10.2016; 16.14; N-532; 3,2

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

OU-01738-O-2016

7833-DVR

Comodin Press, S.L.

B79928404

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 2 horas (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas.

12.11.2016; 19.15; A-52; 202

Artigo 140.37.5 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 €