Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2017 da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de limpeza das dependencias da Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo e do Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-17-001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-17-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza das dependencias da Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo e do Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

0-100

Oferta económica

0-85

Horas adicionais sen custo

0-15

4. Valor estimado del contrato: 157.737,60 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 65.724 euros. Importe total: 79.526,04 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Grupo U, subgrupo 1 e calquera categoría A, B, C, D.

Grupo U, subgrupo 1 e calquera categoría 1, 2, 3, 4 ou 5.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 6.5.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais a contar desde o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas, do undécimo día natural, a contar desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora Xeral de Recursos Económicos