1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
4º. Teléfono: 881 54 27 87.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-CON1-17-002.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de limpeza das dependencias da Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios valorables de forma automática (sobre B) |
0-100 |
Oferta económica |
0-85 |
Horas adicionais sen custo |
0-15 |
4. Valor estimado do contrato: 198.720 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 82.800 euros. Importe total: 100.188 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría):
Grupo U, subgrupo 1 e calquera categoría A, B, C, D.
Grupo U, subgrupo 1 e calquera categoría 1, 2, 3, 4 ou 5.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 6.5.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais a contar desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas, do undécimo día natural, a contar desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.
11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017
Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos