Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15085

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do estudo de detalle POL-31 (expediente FG número 612).

Por Resolución desta alcaldía nº 912, do 14 de marzo de 2017, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle para o solo urbano non consolidado POL-31, en Oleiros (documento nº 3731, de 14.2.2017).

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 20 de marzo de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde presidente