Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda concedida ao abeiro da Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción de emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado citado no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo recaído no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportuna ante o órgano competente, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, advertindo que de non facelo teráselle por notificado cos efectos que correspondan.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D-2014/000004-1.

Acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Solicitante: María del Mar Gómez Fernández.

NIF/NIE: 44806640H.

Concello: Dumbría.

Materia: subvención promoción de emprego polo concepto de establecemento como traballador autónomo.

Data resolución: 25 de novembro de 2016.