Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 14951

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade de Galicia polo que se actualizan as táboas salariais para o ano 2017.

Visto o texto do acordo polo que se actualizan as táboas salariais para o ano 2017 do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade de Galicia (código 82000475011998), que se subscribiu entre a representación empresarial Acolle e Agarte e as organizacións sindicais CC OO e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas
da terceira idade de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 24 de xaneiro de 2017, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas que se relacionan a continuación, que constitúen a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade de Galicia.

Parte empresarial:

Sonia Penedo Rodríguez (Acolle).

Lucía del Campo Redondo (Agarte).

José Manuel Pazos Seco (Agarte).

Parte sindical:

Emilia Lamas Seoane (CC OO).

Javier González Castro (CC OO).

Javier Martínez Fente (UGT).

Paula Varela Carpente (UGT).

O obxecto da xuntanza é dar resposta á solicitude formulada a esta comisión por Javier Martínez Fente, actuando en calidade de secretario do sector de saúde, servizos sociosanitarios e dependencia da FeSP-UGT Galicia, relativa á actualización das táboas salariais co IPC do ano 2016, con base no establecido no artigo 5 do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade de Galicia.

Logo da exposición de posturas e pareceres por todas e cada unha das representacións presentes na comisión sobre a cuestión obxecto da presente xuntanza, procede reflectir na acta o seguinte:

«Esta comisión acorda, de conformidade co reflectido no artigo 5, actualizar as táboas salariais do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade de Galicia para o ano 2017, que son as que se xuntan como anexo á presente acta.

Os membros desta comisión acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade do presente acordo ante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 12.00 horas e asínase a presente acta en proba de conformidade».

Táboas 2016 + 1,6 %

Categorías profesionais

Salario base

Complemento asistencia

Complemento domingos

Festivos especiais

Grupo A 

Administrador/a

1.712,11 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Xerente/a, director/a

1.712,11 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Médico/a

1.426,77 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Técnico/a superior

1.426,77 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Grupo B 

Supervisor/a, socio/a asistencial

1.141,36 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

ATS/DUE

1.141,36 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Traballador/a social

1.141,36 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Fisioterapeuta

1.141,36 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Terapeuta ocupacional

1.141,36 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Titulado/a

1.141,36 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Grupo C

Gobernante/a

918,85 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Oficial de mantemento

918,85 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Oficial administrativo

918,85 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

TASOC

918,85 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Condutor/a

918,85 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Xardineiro/a

918,85 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Grupo D 

Xerocultor/a-auxiliar enfermaría

918,85 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Cociñeiro/a

901,69 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Auxiliar de mantemento

901,69 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Auxiliar administrativo

901,69 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Camareiro/a de planta

901,69 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Animador/a sociocultural

901,69 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Porteiro/a de recepción

901,69 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Grupo E

Lavand./pasador/a de ferro

836,93 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Auxiliar de cociña

836,93 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Limpador/a

836,93 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €

Persoal non cualificado

836,93 €

72,61 €

8,74 €

34,02 €