Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2017 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre as bateas Copemar III e Simón.

Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 13 de xaneiro de 2017, Rodrigo Dasilva Soliño (53119625-K), no nome e representación de Daso-Mar, S.L. (B36141729), solicitou permiso para a permuta de puntos de fondeo entre as bateas denominadas Copemar III e Simón.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos das bateas.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 239, do 16 de decembro), que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 18 de abril de 2001, pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83, do 30 de abril).

Vistos os antecedentes citados e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve: outorgarlle a Daso-Mar, S.L. (B36141729) autorización para a permuta de puntos de fondeo entre as bateas que se indican a continuación:

Subtipo: batea.

Nome: Copemar III.

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula número: 34.

Polígono: A.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titular: Daso-Mar, S.L. (B36141729).

Subtipo: batea.

Nome: Simón.

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Localización:

Cuadrícula número: 37.

Polígono: A.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titular: Daso-Mar, S.L. (B36141729).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Copemar III.

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula número: 37.

Polígono: A.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Subtipo: batea.

Nome: Simón.

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Localización:

Cuadrícula número: 34.

Polígono: A.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Pontevedra, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de febreiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo