Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2016/124-2, 8433 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial das Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: automatización do CT 2556 Cascabeiro.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

1. Telemando do CT 2556 Cascabeiro consistente en telemandar as catro celas de liña 17, 27, 37 e 77, para o cal se instalan catro mandos motores, catro relés de control, un relé electrónico e toroidales de intensidade, coa finalidade de xestionar o funcionamento das liñas desde o centro de control do grupo Viesgo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo