Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2016/123-2, 8432 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma CT 1794 O Río.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

1. Reforma do CT existente non prefabricado O Río, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 630 kVA, no que se amplía un depósito de recollida de aceite e se elimina un foso de recollida de aceite, repárase o muro de separación do transformador, instálase unha mampara de protección do transformador, cúbrese o canal de media tensión, cámbiase a porta de acceso e instálanse proteccións mecánicas nas pontes de MT e BT e nas saídas de BT. Instálanse tres celas de liña, unha de protección de transformador, un transformador de 630 kVAS, realízanse as pontes CT-MT e CT-BT, armario de BT e ampliación.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo