Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14537

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (cuestión de ilegalidade 297/2016).

Eu, José Andrés Salgado Fernández, letrado da Administración de xustiza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto

Anuncio:

Que na cuestión de ilegalidade número 297/16, seguida por instancia da Administración autonómica, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

Sentenza: 00701/2016.

Relator: Fernando Seoane Pesqueira.

Recurso número: cuestión de ilegalidade 297/2016.

Recorrente: Sandra Barros Martínez.

Administración demandada: Servizo Galego de Saúde.

En nome do rei.

A Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

«Sentenza.

Fernando Seoane Pesqueira, presidente.

Dolores Rivera Frade.

Julio César Díaz Casales.

A Coruña, 22 de decembro de 2016.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 297/2016, cuestión de ilegalidade, pende de resolución ante esta sala, promovida polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, por instancia de Sandra Barros Martínez, representada polo procurador Miguel Vilariño García e dirixida pola letrada Francisca Dolores Arias Castro, contra o Servizo Galego de Saúde, dirixido polo letrado do Sergas, sobre limitación de permiso.

É relator Fernando Seoane Pesqueira.

Decidimos que estimamos a cuestión de ilegalidade formulada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña e, en consecuencia, declárase a ilegalidade e conseguinte nulidade da limitación do permiso establecida nas instrucións do Sergas de 29 de outubro de 2001 e no punto 5 da sexta instrución da Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas; sen facer imposición de custas.

Publíquese esta sentenza no Diario Oficial de Galicia, e comuníquese ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela se pode interpor recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo ou ante a sala correspondente deste Tribunal Superior de Xustiza, sempre que se acredite interese casacional. O devandito recurso deberase preparar ante a sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se impugna, en escrito en que se dea cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Para admitir a trámite o recurso, ao prepararse deberase constituír na conta de depósitos e consignacións deste tribunal (1570-0000-85-0297-2016) o depósito a que se refire a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro (BOE núm. 266 do 4.11.2009); e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así se acorda e asina».

E, como consecuencia do ordenado na parte dispositiva da sentenza, expídese este edicto para a notificación do encabezamento e parte dispositiva da sentenza no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de marzo de 2017

José Andrés Salgado Fernández
Letrado da Administración de xustiza