Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14534

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 8 de marzo de 2017 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciado pola Orde do 23 de xaneiro de 2017.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, por orde do 23 de xaneiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia nº 25, do 6 de febreiro), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 82, do 4 de maio), e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 23 de xaneiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia nº 25, do 6 de febreiro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar o funcionario/a que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, a toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo do prazo de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, foran concedidas ao interesado/a. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario/a, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO

Apelidos e nome: Ibeas Rollán, Pilar Mercedes.

NRP: 1313058457 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: MA.A01.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a xeral

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 30.