De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial e polo instrutor.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
A Coruña, 6 de marzo de 2017
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2015-0121.
Interesado: José Rafael Gende Villamisar.
Acto notificado: apercibimento.
Expediente: CO-RES-2016-0159.
Interesados: Marian Mustafa e Alexandru Mustafa.
Acto notificado: resolución.
Expediente: CO-RES-2016-0175.
Interesado: José Luis Guillén Garro.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: CO-RES-2016-0179.
Interesado: Alfredo Salazar Jiménez.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: CO-RES-2017-0035.
Interesado: Manuel Ousinde García.
Acto notificado: acordo de iniciación.
Expediente: CO-RES-2017-0042.
Interesado: Roberto Carlos Lema Vila.
Acto notificado: acordo de iniciación.
Expediente: CO-RES-2017-0064.
Interesado: Patrica Sali.
Acto notificado: acordo de iniciación.