Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 169/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 169/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Ramón Buján Olveira contra as empresas Talleres J. e M. Fernández, S.L.; Automóbiles J. e M. Fernández, S.L.; SS. Fernández Concesionario, S.L.U.; Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Auto do 6 de marzo de 2017 cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar as executadas Talleres J. e M. Fernández, S.L.; Automóbiles J. e M. Fernández, S.L.; SS. Fernández Concesionario, S.L.U.; Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 9.842,43 euros en concepto de principal, máis 1.803,84 euros en concepto de xuros de mora, máis 1.164,62 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíqueselles ás partes e ás executadas, por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0169 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e, no campo «concepto», indicar o número de conta «5076 0000 64 0169 16». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Talleres J. e M. Fernández, S.L.; Automóbiles J. e M. Fernández, S.L.; SS. Fernández Concesionario, S.L.U. e Talleres Fernández Coruña, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza