Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de marzo de 2017 pola que se notifica resolución sobre o recurso potestativo de reposición interposto contra a resolución que decreta a caducidade da concesión administrativa destinada á construción dunha planta de engorda de rodaballo no porto de Tragove (Cambados).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á mercantil Alimentación Projoscar, S.L., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 22 de febreiro de 2017 que acorda desestimar o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 23 de novembro de 2016, que decreta a caducidade da concesión administrativa outorgada á mercantil citada no porto de Tragove, con destino á construción de planta de engorda de rodaballo, e en consecuencia, confirmala en todos os seus termos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, 5 A, 6º, de Santiago de Compostela, para o coñecemento do contido íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo nun prazo de dous meses contados desde a publicación desta cédula no BOE, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia